Entradas para “QUERELLA DE LOPE Y LAS MUJERES - CALEMA PRODUCCIONES” (Madrid) na Sala Ártika de Vigo.
Data: Venres 15, Sábado 16 e Domingo 17 de Novembro de 2019
Hora:
- Venres 15 de Novembro ás 21:30h
- Sábado 16 de Novembro ás 21:30h
- Domingo 17 de Novembro ás 20:00h
Recinto: Sala Ártika
Prezo:
- Venta online: Entrada Anticipada: 8€ + gastos de xestió
- En taquilla: Entrada Xeral: 12€
Idades recomendada: + 18 anos
Duración: 70 min
Entradas para “QUERELLA DE LOPE Y LAS MUJERES - CALEMA PRODUCCIONES” (Madrid) o Venres 15, Sábado 16 ou Domingo 17 de Novembro na Sala Ártika.
SINOPSE:
Unha actriz, empresaria, autora, dramaturga…unha muller que percorre os camiños do teatro e do tempo soa, porque as mulleres necesitamos saber estar soas e habitar as nosas habitacións propias, enfróntase ao mestre Lope de Vega fronte ao público: moitas das súas mulleres, as que ela representa, estánselle revelando ao ser ditas, e ao verse comparadas coas mulleres que habitan o hoxe, as que reciben os seus versos e as súas accións.
Terminarán, ela e as palabras de Lope, sepultados pola cinza do tempo que todo o opaca?
Entón a actriz fai falar a Laura, a vengadora das mulleres; e a Fenisa, a buscona; e a Aurora, a bela ninfa; e á vilá; e á boba; e a Laurencia… Así descobre que Lope amou ás mulleres; moito máis: Lope retratouse nas súas mulleres para o bo, tantas veces valentes; e para o malo, outras tantas rendidas. Así descobre que somos nós, agora, as que debemos cambiar eses finais que hoxe tanto nos desbasten; porque as nosas comedias tamén necesitan de finais felices. E así, descobre a nosa actriz que amándonos a nós mesmas, máis que ao tempo de Lope, é posible que el gañe a querela; e que se el gana, todas gañamos, porque poderemos seguir representando ás súas mulleres en toda a súa grandeza.
As entradas para “QUERELLA DE LOPE Y LAS MUJERES - CALEMA PRODUCCIONES” (Madrid) na Sala Ártika de Vigo teñen un prezo de 12€ ou 8€ + gastos de xestión.