Novo curso monográfico impartido por Rosana Barra sobre danza butoh.
Despois de máis de 20 anos dedicados ao Butoh, impartindo clases, creando festivais e espectáculos, traballando diariamente con centenares de corpos, mentes e emocións, sentín a necesidade de ofrecer unha formación oficial de danza Butoh.
Está indicada para tod@s @s que queiran danzar desde a súa alma, desde o seu espírito. Bailaríns ou NON, novos, persoas maduras ou anciás, aquí teñen a plataforma de despegamento para bailar.
É un formación multicapas, onde traballarás a expresión artística e o desenvolvemento persoal as clases están pensadas para identificar en que capa está o teu bloqueo e liberar a túa danza. A formación acompáñache, para superar as túas dúbidas e deixar brillar o teu CORPO CREADOR.
BENEFICIOS
- Preparación física para soster os estados da túa danza
- Identificación das crenzas limitantes, cambio por crenzas potenciadoras
- Harmonía entre a túa sombra e a túa luz
- Dominio da técnica en estado alfa
- Composición coreográfica e posta en escena
- Espertar o teu mestre das enerxías
- Público destinatario: tódolos públicos
- Datas:
- 16 de Marzo de 2019 de 10:00h a 14:00 h e de 15:00h a 19:00h (8 horas)
- 17 de Marzo de 2019 de 10:00h a14:00h (4 horas)
- 27 de Abril de 2019 de 10:00h a 14:00 h e de 15:00h a 19:00h (8 horas)
- 28 de Abril de 2019 de 10:00h a 14:00h (4 horas)
- As datas de Maio están por confirmar.