Categorías

SMOKE ON THE WATER

SMOKE ON THE WATER

Setembro 2024

Inicio del evento
  • Inicio: 21/09/2024
Fin del evento
  • Fin: 22/09/2024
Lugar del evento
  • Lugar: Sala Ártika
  • Direccion: Avda. de Beiramar, 113 - 36208 - Vigo (Pontevedra)
  • Localización: Ver mapa

Entradas para o espectáculo “SMOKE ON THE WATER – IBUPROFENO TEATRO” na Sala Ártika de Vigo. 

Data: sábado 20 e domingo 21 de setembro de 2024

Hora

  • sábado 20 de setembro ás 20:00h
  • domingo 21 de setembro ás 20:00h

Recinto: Sala Ártika

Prezo

Venta online: Entrada Anticipada: 13 € + gastos de xestión (dispoñible ata 24h antes da primeira función)

En taquilla: Entrada Xeral: 16 €

Idades recomendada: + 15 anos

Duración: 75 min

Formato: Grande

Entradas para o espectáculo “SMOKE ON THE WATER – IBUPROFENO TEATRO” o sábado 21 e domingo 22 de setembro na Sala Ártika.

SINOPSE:

Ritchie (Blackmore) vive ancorado no rock and roll de los 70, ten unha tenda de discos e vinilos de colección. Janis (Joplin) xa hai anos que non canta, estuda filosofía na universidade. A súa unión sobrevive despois de case 25 anos de crise matrimonial permanente, formando un círculo vicioso enfermizo, un sistema de relacións de dependencia imposible de desenlear. Este "status quo" absurdo, en continua combustión, vese ameazado pola aparición de Álex, un gigoló de ideoloxía vandálica e transgresora que se namora perdidamente de Janis, ao tempo que establece unha fonda amizade con Ritchie. 

A intervención de Joan Baez, empregada de banca que xestiona a hipoteca de Ritchie, clienta de Álex, propicia un final pateticamente feliz ao enredeo amoroso-financieiro entre este grupo de seres humanos fracasados, torpes, perdedores, frustrados, desgastados e maltratados pola vida, que provocan tenrura e compaixón. 

FICHA ARTÍSTICA:

Elenco: Josito Porto, Belén Constenla, Adrián Ríos, María Costas e Mon Orencio

Dirección e texto: Santiago Cortegoso

Movemento escénico e axudantía de dirección: Carmela Bueno

Espazo escénico: Pablo Giráldez 'O Pastor'

Deseño de iluminación: Salvador del Río

Deseño de vestiario: Marián Bañobre

Xastra: Bety Busto

Caracterización: Baia Fernández

Espazo sonoro e dirección musical: Mon Orencio

Imaxe: Diego Seixo

Técnico en xira: Héctor Pazos

Cobertura técnica: Ningures Produción S.L.

Vídeo: José V. Estonllo

Produción: Marián Bañobre

Produción e comunicación: Fátima R. Varela

Distribución: Ibuprofeno Teatro S.L.

As entradas para o espectáculo “SMOKE ON THE WATER – IBUPROFENO TEATRO” na Sala Ártika de Vigo teñen un prezo de 16 € ou 13 € + gastos de xestión

 

Obxecto da axuda
Programación en salas privadas

Sala Ártika desenvolve todas as actividades de programación de artes escénicas, grazas as axudas de: o Instituto Nacional das Artes Escénicas y Musicales (INAEM), A Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) e o Concello de Vigo

logo logo logo logo
Aceleración

Sala Ártika desenvolve o proxecto de acompañamento e formación na área de marketing cultural dixital e transformación na xestión que conta con financiamento da Unión Europea - NextGenerationEU no marco das subvencións á aceleración cultural no ámbito das artes escénicas da Xunta de Galicia

logo logo logo logo
Modernización

Sala Ártika recibiu axudas á modernización e xestión sustentable das infraestruturas das artes escénicas e musicais ao abeiro dos fondos de NextGenerationEU e o Mecanismo de recuperación e resiliencia.

logo logo logo logo
Transición ecolóxica

Sala Ártika é beneficiaria do Bono energía PEME para a transición do equipo de iluminación escénica halóxena a LED.

logo
Asociacións ás que pertencemos

Sala Ártika pertence a Rede Galega de Salas e a Rede de teatros alternativos

logo logo