Entradas para o VII FESTIVAL PEQUEÁRTIKO DE NADAL para o espectáculo “A NENA QUE VIVÍA NUNHA CAIXA DE MISTOS - CARAMUXO TEATRO” na Sala Ártika de Vigo.
Data: xoves 23 de decembro de 2021
Hora:
xoves 23 de decembro ás 17:00h e ás 18:30h
Recinto: Sala Ártika
Prezo:
Venta online: entrada Anticipada: 8€ + gastos de xestión
En taquilla: entrada Xeral: 10€
Idades recomendada: Todos os públicos
Duración: 45 min
Entradas para o VII FESTIVAL PEQUEÁRTIKO DE NADAL para o espectáculo “A NENA QUE VIVÍA NUNHA CAIXA DE MISTOS - CARAMUXO TEATRO” o xoves 23 de decembro na Sala Ártika.
SINOPSE:
A nena que vivía nunha caixa de mistos" é a terceira parte da triloxía sobre os contos populares, que comezou con "As fabas máxicas" , continuou con "Feo" (Premio María Casares a mellor espectáculo infantil) e rematará con este espectáculo.
A nova proposta de Caramuxo teatro está inspirada no conto "A vendedora de mistos" de Hans Chistian Ándersen. Un espectáculo cunha coidada posta en escena e cunha linguaxe contemporánea, utilizando como temática a pobreza infantil. Unha nena camiña pola rúa dun lugar a outro coa súa caixiña de mistos, a casa onde pasa a noite. Pola mañá sae pola vila para vender mistos a quen os necesite, no día a día coñece unha morea de personaxes e dous pequenos amigos, un vello can e un paxariño.
As entradas para o VII FESTIVAL PEQUEÁRTIKO DE NADAL para o espectáculo “A NENA QUE VIVÍA NUNHA CAIXA DE MISTOS - CARAMUXO TEATRO” na Sala Ártika de Vigo teñen un prezo de 10€ ou 8€ + gastos de xestión.