Entradas para XXV FESTIVAL INTERNACIONAL GALICREQUES do espectáculo “NO ES EL FIN DEL HUERTO DE FERMÍN - ALÚA TEATRO (Salamanca)” na Sala Ártika de Vigo.
Data: Domingo 11 de outubro de 2020
Hora: Domingo 11 de outubro ás 18:00h
Recinto: Sala Ártika
Prezo:
Venta online:
Entrada Xeral: 7€ + gastos de xestión
Bono Familiar: Tres ou máis membros da mesma familia (Entre 0 e 99 anos) 6€ + gastos de xestión
En taquilla:
Entrada Xeral: 10€
Bono Familiar: Tres ou máis membros da mesma familia (Entre 0 e 99 anos) 8€
Idades recomendada: +5 anos
Duración: 60 min
Entradas para XXV FESTIVAL INTERNACIONAL GALICREQUES do espectáculo “NO ES EL FIN DEL HUERTO DE FERMÍN - ALÚA TEATRO (Salamanca)” o Domingo 11 de outubro na Sala Ártika.
SINOPSE:
Manuel é un neno sumido na era dixital e as novas tecnoloxías. Este verán viaxará a Aguasfrescas, o pobo onde vive o seu avó Fermín. Pero alí terá que adaptarse a unha forma de vida totalmente diferente: os nenos non xogan a videoxogos senón que cazan gamusinos, só hai cobertura na eira e a maioría das xentes non saben o que é un influencer, e ademais falan de cousas que el non acaba de entender. Grazas a Juanilla, unha nena do pobo, o seu avó e Puchi (unha musaraña moi especial) coñecerá a beleza que hai na natureza e na cultura rural que se está a perder a pasos axigantados. Todos eles colaborarán para acabar cunha ameaza que sofre o pobo e en especial a horta do seu avó Fermín: unha fábrica que produce uns residuos cuxa toxicidade ameaza a vida natural de Aguasfrescas.
As entradas para XXV FESTIVAL INTERNACIONAL GALICREQUES do espectáculo “NO ES EL FIN DEL HUERTO DE FERMÍN - ALÚA TEATRO (Salamanca)” na Sala Ártika de Vigo teñen un prezo entre 10 € e 6€ + gastos de xestión.