Ártika, unha entrada á cultura e á arte
Ártika abrimos as nosas portas en 2014 co obxectivo de achegar aos amantes da arte unha nova visión do teatro e danza. Situados na cidade de Vigo, incorporamos á nosa actividade principal cursos en constante actualización, cos cales nenos, mozos e adultos poidan achegarse ao mundo teatral e iniciar a súa formación.
Ademais dunha sala cómoda e acondicionada para o máximo confort dos asistentes, dispoñemos doutros servizos coma cantina, que funciona durante a semana en horario das clases e durante a fin de semana no horario dos espectáculos. Tamén contamos con camerinos, aseos e un ambigú con escenario para concertos e espectáculos de pequenas dimensións. As nosas instalacións están adaptadas para facilitar o acceso a cadeiras de rodas.
Rider técnico
As instalacións da Sala Ártika están pensadas para acoller obras teatrais de diversa envergadura. Contamos cun escenario de 13x8m cun aforo de 150 butacas. O ambigú con escenario é de 4x2 con aforo de 70 persoas aproximadamente, para concertos e espectáculos de pequeno formato. Ademais, os camerinos dos que dispoñemos son de 5x10m con aseo incluido e acondicionado para facilitarlle a preparación aos membros da compañía.
As instalacións da Sala Ártika están pensadas para cubrir calquer requisito que poida precisar a representación, xunto co firme propósito de dispor de todas as comodidades para que o público e asistentes consigan unhna experiencia única. Podes poñerte en contacto connosco para solicitar máis información.
Queres máis información?Tramoia e electrificación
- 5 varas motorizadas e electrificadas (8 circuitos)
- 3 varas motorizadas para uso escénico
- Diferentes posibilidades de aforo
- 6 torres de calle
- 36 canales de dimmer LT Totem
Iluminación
- 6 PC DTS 1000W con porta filtros e viseras
- 8 PC 1000W de marcas varias con porta filtros e viseras (14 PC en total)
- 8 Fresnel DTS 1000W con porta filtros e viseras
- 10 PAR64 DTS con porta filtros
- 8 Recortes ETC junior 25/50 575w con porta filtros
- IRIS e portagobos (consultar)
- Mesa de iluminación LT Hydra scan 48/72
Son e video
- 2 altavoces PA pasivos JBL MRX 500
- Etapa de potencia Yamaha p7000S
- 2 monitores RCF500 auto amplificado
- Mesa de son Soundcraft 10 canales
- Reproductor CD
- 1 video proxector HITACHI CP-X1250 XGA (Lente 08:1)
- Conexión VGA en control e en escenario (ambos hombros)
Vindeiros eventos
NON PASARÁN
Avda. de Beiramar, 113 - 36208 - Vigo (Pontevedra)
Sala Ártika
Entradas para o espectáculo “NON PASARÁN – ÁRTIKA CIA (ESTREA)” na Sala Ártika de Vigo.
Data: Sábado 23 e domingo 24 de novembro de 2024
Hora:
- Sábado 23 de novembro ás 20:00h
- Domingo 24 de novembro ás 20:00h
Recinto: Sala Ártika
Prezo:
- Venta online: Entrada Anticipada: 13 € + gastos de xestión
- En taquilla: Entrada Xeral: 16 €
Idades recomendada: + 16 anos
Duración: 70 min aprox
Xénero: comedia
Idioma: galego
Formato: grande
Entradas para o espectáculo “NON PASARÁN – ÁRTIKA CIA (ESTREA)” o sábado 24 e domingo 25 de novembro na Sala Ártika.
SINOPSE:
Nós, fillos e fillas das democracias forxadas despois da derrota dos fascismos no século XX, procedentes de clases traballadoras que vimos como os nosos pais e nais deixaban a pel por darnos unha educación que nos permitise unha posibilidade de ascenso social, sobrevivintes ás sucesivas crises que nos levaron a poñer en dúbida todo aquel soño dunha sociedade máis igualitaria, podemos observar como nos últimos anos o ascenso de discursos populistas de extrema dereita non deixan de aparecer ao longo do mundo, acadando cotas de poder inimaxinables hai só uns anos. Trump, Bolsonaro, Milei, Meloni…figuras case que semellan saídas dunha sorte de farsa entolecida pero que foron quen de convencer a unha enorme masa de votantes para que os levasen ao poder.
O proxecto teatral "Non Pasarán" xorde como unha resposta creativa e comprometida ante os desafíos políticos e sociais do noso tempo. Nun contexto marcado polo rexurdimento de ideoloxías autoritarias e o crecemento de movementos antidemocráticos, esta obra eríxese como un faro de resistencia e conciencia, destinado a iluminar as sombras do pasado e do presente.
Cunha visión ambiciosa e un enfoque multidimensional, o proxecto establece unha serie de obxectivos claramente definidos que abarcan desde a sensibilización e a reflexión ata a acción e o compromiso. A través dunha combinación única de narrativa teatral, elementos de comedia cruel e drama absurdo, "Non Pasarán" busca non só entreter ao público, senón tamén desafiar as súas percepcións, estimular a súa imaxinación e mover os seus corazóns.
FICHA ARTÍSTICA
Dirección: Tito Asorey
Dramaturxia: Vanesa Sotelo e Tito Asorey
Elenco: Fernanda Barrio, Marcos Alonso, Martín Maez e Rocío Salgado.
Deseño de iluminación: Laura Iturralde
Escenografía: Carlos Alonso
Produción: Anxo Fernández
As entradas para o espectáculo “NON PASARÁN – ÁRTIKA CIA (ESTREA)” teñen un prezo de 16 € ou 13 € + gastos de xestión
SEGUIMOS ENTERAS
Entradas para o espectáculo “SEGUIMOS ENTERAS – PROVISIONAL DANZA (MADRID)” na Sala Ártika de Vigo.
Data: sábado 30 de novembroe domingo 01 de decembro de 2024
Hora:
- sábado 30 de novembro ás 20:00h
- domingo 01 de decembro ás 20:00h
Recinto: Sala Ártika
Prezo:
- Venta online: Entrada Anticipada: 11 € + gastos de xestión
- En taquilla: Entrada Xeral: 15 €
Idades recomendada: + 14 anos
Duración: 50 min
Formato: mediano
Entradas para o espectáculo “SEGUIMOS ENTERAS – PROVISIONAL DANZA (MADRID)” o sábado 30 de novembro e domingo 01 de decembro na Sala Ártika.
SINOPSE:
Todo ten un punto de partida, é coma un xogo, só tes que comunicarte coa vida e decataraste de que que todo o mundo ten dereito a facer o ridículo, non lle deas importancia ao xuízo dos demais, é un dereito inalienable.
O medo ao ridículo cando se desexan realizar os soños, é un dos principais desmotivadores e depredadores do noso empurre e creatividade.
FICHA ARTÍSTICA
Intérpretes: Acerina H. Toledo e Carmen Werner
Música: Luis Martínez
Deseño de iluminación: Cristina Gómez Jiménez
Axudante de dirección: Cristian López Sánchez
Fotos: Juan Carlos Toledo
Vídeo: Judi Acosta
Coreografía e dirección : Carmen Werner
Banda sonora: Carmen Werner
Produción: Provisional Danza, gestionART-e e Cía El Jablero
As entradas para o espectáculo “SEGUIMOS ENTERAS – PROVISIONAL DANZA (MADRID)” na Sala Ártika de Vigo teñen un prezo de 15 € ou 11 € + gastos de xestión
DOPALAND
Entradas para o espectáculo “DOPALAND – CIA SALA FÉNIX (CATALUÑA)” na Sala Ártika de Vigo.
Data: sábado 14 e domingo 15 de decembro de 2024
Hora:
- sábado 14 de decembro ás 20:00h
- domingo 15 de decembro ás 20:00h
Recinto: Sala Ártika
Prezo:
- Venta online: Entrada Anticipada: 11 € + gastos de xestión
- En taquilla: Entrada Xeral: 15 €
Idades recomendada: + 15 anos
Duración: 70 min
Formato: mediano
Entradas para o espectáculo “DOPALAND – CIA SALA FÉNIX (CATALUÑA)” o sábado 14 e domingo 15 de decembro na Sala Ártika.
SINOPSE:
Dopaland’ é unha historia en torno ao desexo e a súa relación coa sociedade de consumo que nos sitúa nun parque temático, un espazo de fantasía. Alí atópanse dous traballadores, a responsable do persoal e un empregado. A primeira trata de animar ao segundo. Polo menos, iso parece. Porque sucedeu algo grave. Algo totalmente inadmisible.
Este é o segundo espectáculo de creación a partir da investigación de temas cotiáns que mobilizan a rapazada e a creación dun texto orixinal e inédito de dramaturxia catalana contemporánea con énfase en mulleres que escriben.
FICHA ARTÍSTICA
Dramaturxia e dirección residente Eu Manzanares
Dirección orixinal: Sergi Pompermayer
Interpretación: Adriana Segurado i Felipe Cabezas
Escenografía e vestiario: Eric Manchia Benito y Julia Ledesma
Iluminación: Mattia Russo
Espacio sonoro: Verónica Gonzalo
Dirección de producción e producción ejecutiva: Gabriela Marsal (Suika)
Producción e comunicación: Isabella Pintani (Sala Fènix) e Gabriela Marsal (Suika)
Asesoría artística: Montse Bonet
Asistencia técnica e produción: Jackie Rihacek (Suika)
Vídeos promocionais: Marc Mampel y Marta Caracava (Gusto Audiovisual)
Fotografía: Martí Fradera
Diseño gráfico: Isabella Pintani
Asistente de dirección en prácticas: Maria Pocorull Ferrer y Maria Escoda (Col·legi de Teatre de Barcelona)
Axudante de producción en prácticas : Maria Palacios (Escola de Mitjans Audiovisuals)
Axudante de maquillaxe e perruquería en prácticas: Ainhoa Bobadilla Cortijo (Colors-Up Escuela de Maquillaje Profesional)
Unha produción de Sala Fènix e Suika.
Coa colaboración de: Generalitat de Catalunya, Departament de Cultura (OSIC), Ajuntament de Barcelona (ICUB), Ministerio de Educación, Cultura y Deporte (INAEM), Next Generation Catalunya.
As entradas para o espectáculo “DOPALAN – CIA SALA FENIX” na Sala Ártika de Vigo teñen un prezo de 15 € ou 11 € + gastos de xestión
LA ODISEA DE AQUELLAS VIDAS
Entradas para o espectáculo “LA ODISEA DE AQUELLAS VIDAS – CIA INESTABLE (COMUNIDADE VALENCIANA)” na Sala Ártika de Vigo.
Data: sábado 21 e domingo 22 de decembro de 2024
Hora:
- sábado 21 de decembro ás 20:00h
- domingo 22 de decembro ás 20:00h
Recinto: Sala Ártika
Prezo:
- Venta online: Entrada Anticipada: 11 € + gastos de xestión
- En taquilla: Entrada Xeral: 15 €
Idades recomendada: + 14 anos
Duración: 90 min
Formato: mediano
Entradas para o espectáculo “LA ODISEA DE AQUELLAS VIDAS – CIA INESTABLE (COMUNIDADE VALENCIANA) ” o sábado 21 e domingo 22 de decembro na Sala Ártika.
SINOPSE:
LA ODISEA DE AQUELAS VIDAS fala da inmigración. Se as dúas Odiseas anteriores falaban de viaxes, deses seres humanos que se ven obrigados a viaxar á guerra e permanecen nas cunetas, nesta Odisea, sobre todo, fálase daquelas persoas que iniciaron o seu desesperado camiño migratorio en busca de unha vida mellor. Falamos especificamente, e como escena que nutre todo o texto e toda a poética da historia, dos migrantes que teñen que pasar polo deserto tunisiano. Falamos do drama de Fati e Marie, unha nai e unha filla que morreron cruzando o deserto tunisiano buscando unha vida mellor. Nai e filla, de 30 e 6 anos respectivamente. A súa morte dálle nome ao inferno que están a vivir centos de migrantes, arroxados polo exército tunisiano a este terrible deserto na fronteira con Libia, onde, con temperaturas de 50 graos, é imposible sobrevivir sen abrigo, comida e auga.
A obra percorre o corpo da nai e da filla, e esta viaxe lévanos a outros milleiros de corpos que deambulan por diferentes camiños desesperados, perdidos e desolados.
FICHA ARTÍSTICA
CREACIÓN e DIRECCIÓN: Jacobo Pallarés.
DRAMATURXÍA: Iria Márquez, Carla Zúñiga Morales, Ignacio Tamagno e Jacobo Pallarés.
EN ESCENA: Lucía Poveda, Juan Andrés González, Arantxa Cortés, Nuria Albelda e Jacobo Pallarés.
DIRECTORA DE ACTORES: Alejandra Mandli.
ESPAZO ESCENARIO: Los Reyes del Mambo.
DESEÑO DE ILUMINACIÓN: Diego Sánchez.
CANCIÓNS: Juan Andrés González.
PROGRAMACIÓN DE VIDEOS: Aurora Diago.
ASESORÍA DE MOVEMENTO: Andrea Carrió. DISFRACE: Nuria Albelda e Esther Pedrós.
PRODUCIÓN EXECUTIVA: Esther Pedrós e Marta Rubio.
PRODUCIÓN TOURING: Nuria Albelda.
COMUNICACIÓN: Esther Pedrós, Alba Pérez e Andrea de la Fuente
As entradas para o espectáculo “LA ODISEA DE AQUELLASVIDAS – CIA INESTABLE (COMUNIDADE VALENCIANA)” na Sala Ártika de Vigo teñen un prezo de 15 € ou 11 € + gastos de xestión
FRANKRISTINA
Avda. de Beiramar, 113 - 36208 - Vigo (Pontevedra)
Sala Ártika
Entradas para o espectáculo “FRANKRISTINA – BAMBALÚA (CASTELA E LEÓN)” na Sala Ártika de Vigo.
Data: Luns 23 de decembro de 2024
Hora: Luns 23 de decembro ás 18:00h
Recinto: Sala Ártika
Prezo:
- Venta online: Entrada Anticipada: 9 € + gastos de xestión
- En taquilla: Entrada Xeral: 11 €
Idades recomendada: + 8 anos
Duración: 60 min
Entradas para o espectáculo “FRANKRISTINA – BAMBALÚA (CASTELA E LEÓN) ” o luns 23 de decembro na Sala Ártika.
SINOPSE:
O Dr. Frankenstein cumpre a súa obsesión. Fabricar con distintos órganos e membros a FRANKRISTINA " A muller perfecta". Un ser ao que pracidamente poida dominar.
Pero Frankristina ten outros sorprendentes e inquietantes plans máis aló de atender as labores domésticas e servir ao Dr. Frankenstein.
Humor, participación do público, opereta cómica... un clásico da literatura dende un particular punto de vista e unha temática do noso tempo, a igualdade de oportunidades para a muller.
FICHA ARTÍSTICA
Dirección: Alejandro Britos e Josu Pachego
Dramaturxia: Alejandro Britos e Josu Pachego
Interpretación: Alejandro Britos, Alfonso Matía e Cristina Salces
Produción: Cristina Salces
Deseño e construción do espazo escénico: Bambalúa teatro, Luis lanco e Vicente Hernando
Técnico de iluminación e son: J. A. Pereda
Música: Alfonso Matía
As entradas para o espectáculo “FRANKRISTINA – BAMBALÚA (CASTELA E LEÓN)” na Sala Ártika de Vigo teñen un prezo de 11 € ou 9 € + gastos de xestión
PUM PUM, QUEN HAI?
Avda. de Beiramar, 113 - 36208 - Vigo (Pontevedra)
Sala Ártika
Entradas para o espectáculo “PUM! PUM! QUEN HAI? – ÁRTIKA CIA” na Sala Ártika de Vigo.
Data: Martes 24 de decembro de 2024
Hora: Martes 24 de decembro ás 12:00h
Recinto: Sala Ártika
Prezo:
- Venta online: Entrada Anticipada: 9 € + gastos de xestión
- En taquilla: Entrada Xeral: 11 €
Idades recomendada: + 4 anos
Duración: 45 min
Xénero: Comedia musical
Idioma: galego
Formato: mediano
Entradas para o espectáculo “PUM! PUM! QUEN HAI? – ÁRTIKA CIA” o Martes 24 de decembro na Sala Ártika.
SINOPSE:
Descobre a maxia dunha aldea galega onde cada día é un xogo. "Pum Pum, Quen Hai?" é unha comedia teatral que nos introduce na vida de Gaia, unha nena espelida que nos guía a través dos xogos tradicionais do seu pobo. Xunto con personaxes tan carismáticos como Tía Maruxa e Don Rosmón, Gaia desafía os segredos das portas veciñas, enredando a todos nunha aventura de risas e revelacións. Cando aparecen novos e misteriosos veciños, o pobo enfróntase aos seus medos cunha serie de equívocos cómicos que nos lembran a importancia da aceptación e a diversidade. "Pum Pum, Quen Hai?" é unha celebración da comunidade e a curiosidade, perfecta para toda a familia.
FICHA ARTÍSTICA
“Pum! Pum! Quen hai?” é unha creación colectiva de Ártika cia.
En escena:
Rocío Salgado como Gaia,
Fernanda Barrio como a tía Maruxa
Marcos Alonso como Don Ramón.
Deseño de escenografia: Ártika cia e SR. Sagüillo.
Espazo sonoro: Jonathan Caramés e Anxo Fernández
Coreografías: Rocío Salgado.
Deseño de iluminación: Anxo Fernández
Vestiario: Fernanda Barrio e Rocío Salgado
Agradecementos:
A Cheli Davila pola súa man e dedicación co vestiario.
Ao concello da Rúa e á Sala Ártika
As entradas para o espectáculo “PUM! PUM! QUEN HAI? – ÁRTIKA CIA teñen un prezo de 11 € ou 9 € + gastos de xestión
Drama, comedia, música, danza...
Na Sala Ártika acollemos unha gran variedade de espectáculos. Queremos dar voz e representación a todas as expresións artísticas na súa amplia variedade, optando tamén por darlle recoñecemento a aquelas obras feitas na nosa lingua.
Dende actuacións de música en directo ata monólogos, títeres, dramas, representacións clásicas... O mundo das artes é infinito e dende as nosas butacas poderás coñecer un pouco máis de preto os seus segredos. Contacta connosco para saber máis dos próximos estreos ou faite xa coas túas entradas para desfrutar duns espectáculos inolvidables.
CONTACTAR CONNOSCOCursos dispoñibles
En Ártika queremos transmitir a nosa paixón polo teatro e o mundo das artes. Por iso incorporamos una serie de cursos dispoñibles ao longo do ano para diversas e numerosas áreas artísticas: música, danza, teatro... Todos eles están adaptados ás distintas idades e niveis, contando con grupos axustados a cada un.
Ademáis daqueles cursos regulares durante todo o ano, contamos con cursos mongráficos, puntuais e cunha duración estimada polo temario e o corpo docente. Non dubides en porte en contacto connosco para saber máis sobre as próximas oportunidades nas nosas instalacións.
Campaña escolar
Na nosa sala en Vigo, dispomos de espectáculos e representacións vinculadas a actividades e programacións escolares, coas cales inculcarlle os enriquecedores valores artísticos a nenos de todas as idades.
As obras ofertadas no noso programa para os colexios están pensadas para adaptarse á idade do público asistente, por iso podemos diferenciar categorías de secundaria, primaria e infantil, ademais de dispor doutras obras para garderías e público dos primeiros anos.
Máis informaciónVisita Virtual Interactiva
Ofrecemos unha panorámica real do noso negocio.
Ver imagen 360ºRedescubre o teatro na Sala Ártika
Visita as nosas instalacións en Vigo e atopa unha nova forma de desfrutar das artes. Faite xa coas túas entradas!