TRES PASOS PARA EL EXITO

COMPAÑIA A LA DERIVA

Espectáculo unipersoal de bufón contemporáneo da compañía A la Deriva, onde un coach entre telepredicador e teletenda desmonta, con humor negro e interacción co público, a ambición desmedida e a carreira polo éxito na era de Instagram.

SINOPSE:

“Tres pasos para el éxito” é unha comedia negra unipersoal na que un adestrador persoal / coach, cun aire de gurú motivacional e vendedor de teletenda, guía ao público polo suposto camiño cara ao éxito. A través de nove escenas con revelacións, dinámicas de grupo e exercicios coa audiencia, revisítanse os “fundamentos” da nosa vida contemporánea: a ambición sen límite, a masculinidad fráxil, as desigualdades de xénero, o abuso de poder, o burn out e a deriva da democracia. O espectáculo emprega a técnica do bufón contemporáneo, cercana ao cabaré, para entrar en temas incómodos e polémicos: é o propio bufón quen encarna as problemáticas sen proxectalas en terceiros, poñendo un espello deformado diante do público para que poida recoñecer o modelo de vida acelerado e consumista no que está atrapado. Desde o humor, a provocación e a participación da sala, a peza convida a tomar distancia, identificar as feridas e decidir se queremos seguir correndo detrás desa versión “premium” da vida que nunca chega.

FICHA ARTÍSTICA

Autor/ Creador

Germán Gundín

Dirección

Paz Buelta

Dramaturxía

Germán Gundín

En escena

Germán Gundín

COMPRAR ENTRADAS

INFORMACIÓN

Recinto:

Sala Ártika

Público a partir:

16

Duración:

75

Xénero:

Comedia negra, bufón contemporáneo, unipersoal

Prezo

A venda anticipada de entradas en liña só está activa ata 24 horas antes do comenzo da primeira sesión do espectáculo

Venta anticipada
(solo Online)

11

Venta xeral
(en taquilla)

15
Comparte cos teus amigos
Facebook
WhatsApp
Email