PERDER A LINGUA

EVA COMESAÑA

Espectáculo de danza e música de Eva Comesaña con videocreación en directo que converte a lingua e a paisaxe nunha experiencia sinestésica, explorando desde os primeiros sons da gorxa ata a celebración colectiva da identidade galega.

SINOPSE:

Perder a lingua é un espectáculo de danza e música que interactúa coa videocreación para construír unha peza conceptual e sinestésica. Sobre o escenario créase un dispositivo vivo que percorre o proceso de construción da nosa lingua: dende os primeiros esforzos da gorxa por articular sons e comunicarse, ata o momento de plenitude no que compartir a palabra se converte nun acto de celebración da cultura e da identidade común. A proposta parte da idea de que lingua e paisaxe forman unha simbiose perfecta: as formas do relevo crean vocabulario, a lingua dálle nome ao territorio e garda a historia, a memoria e o coñecemento colectivo dunha comunidade. Perder a lingua sería, así, perder tamén a paisaxe, o pasado compartido e o futuro posible. En escena, o corpo de Eva Comesaña, a música en directo de Rubén Fernández e as imaxes de Eva Antelo constrúen ondas sonoras, coreográficas, visuais e lumínicas que se contaminan entre si. A crítica define a peza como “unha onda sonora e enerxética que tamén nos prende a nós” e subliña a forza do implícito e a sutileza coa que nos atrapa e sacode.

FICHA ARTÍSTICA

Autor/ Creador

Eva Comesaña

Dirección

Eva Comesaña

Dramaturxía

Eva Comesaña

En escena

Eva Comesaña E Rubén Fernández

COMPRAR ENTRADAS

INFORMACIÓN

Recinto:

Sala Ártika

Público a partir:

12

Duración:

50

Xénero:

Danza,

Prezo

A venda anticipada de entradas en liña só está activa ata 24 horas antes do comenzo da primeira sesión do espectáculo

Venta anticipada
(solo Online)

11

Venta xeral
(en taquilla)

15
Comparte cos teus amigos
Facebook
WhatsApp
Email