DONODONADA

COMPANHIA CERTA

Espectáculo de teatro visual da Companhia Certa (Varazim Teatro), sen palabras e con música orixinal, que a través do humor físico e dunha escenografía de madeira, cartón e papel cuestiona quen o ten todo e quen non ten nada, lembrándonos que o máis importante é xogar e compartir.

SINOPSE:

DoNoDoNaDa é a décima produción da Companhia Certa e supón a súa primeira incursión no teatro visual. Trátase dunha parábola sen palabras, pensada para todo o público dos 3 aos 103 anos, na que os xestos e o movemento dos intérpretes son suficientes para contar a historia. A música, presente todo o tempo, guía as accións, subliña as intencións e acompaña as emocións do que acontece en escena. Nun dispositivo escénico lúdico construído con madeira, cartón e papel, tres personaxes inspirados no cinema mudo de Chaplin e Buster Keaton van entrando nun remuíño de situacións cómicas que nos devolven, como nun espello, ao mundo no que vivimos: persoas que son donas de moito, persoas que son donas de nada, azar, desigualdade e unha loita constante por ter cada vez máis. Mentres o mundo dá voltas e acabamos de pernas para arriba, a peza pregúntase por que, se a vida pasa tan rápido, insistimos en querer acumulalo todo cando en realidade apenas precisamos case nada. Con humor e ironía, DoNoDoNaDa revela que os seres humanos pasan demasiado tempo a competir, a gañar e a conquistar, e esquecen algo esencial: o que realmente é bo… é brincar.

FICHA ARTÍSTICA

Autor/ Creador

Gonçalo Guerreiro

Dirección

Gonçalo Guerreiro

Dramaturxía

Gonçalo Guerreiro

En escena

Eduardo Faria, Joana Luna, Joana Soares

COMPRAR ENTRADAS

INFORMACIÓN

Recinto:

Sala Ártika

Público a partir:

3

Duración:

50

Xénero:

Teatro físico, Teatro xestual

Prezo

A venda anticipada de entradas en liña só está activa ata 24 horas antes do comenzo da primeira sesión do espectáculo

Venta anticipada
(solo Online)

11

Venta xeral
(en taquilla)

15
Comparte cos teus amigos
Facebook
WhatsApp
Email