“O Amor das Pedras” é unha creación de Sílvia Boga a partir da novela homónima de Pedro Rodríguez. A peza preséntanos un amor etéreo que xorde dun acontecemento tráxico e que se mantén máis alá da materia, como se a propia natureza fose testemuña e cómplice desa historia. A través dunha danza de intensa fisicalidade, o espectáculo vai debuxando un percorrido emocional no que se entrelazan dor, desexo, perda e esperanza.
A música de Brahms, Philip Glass, Gluck, Jóhann Jóhannsson, Prokofiev e Purcell acompaña este universo poético no que os corpos se deixan levar pola forza motriz dos soños e pola enerxía telúrica das pedras, convertendo o espazo escénico nun territorio onde o amor e a natureza dialogan máis aló das palabras. A montaxe, encargada polo CCDR Norte no marco do programa transfronteirizo Nortear, constrúe unha experiencia visual e sensorial na que a traxedia se transforma en beleza.